A sede do concello do Barco de Valdeorras atópase na vila do Barco. Os seus edificios administrativos concéntranse na Praza do Concello nos números 1 e 2.
Órganos necesarios no concello do Barco de Valdeorras:
Son órganos necesarios do concello do Barco de Valdeorras son o alcalde, os tenentes de alcalde, a xunta de goberno local, as comisións informativas e o pleno.
Delegacións da Alcaldía na Xunta de Goberno Local
Delegacións do Pleno na Xunta de Goberno Local
O alcalde
O alcalde é Don Aurentino Alonso Araujo. A sede da alcaldía atópase na terceira planta do edificio núm. 2 da Praza do Concello na vila do Barco de Valdeorras.
As súas atribucións son as que determina a normativa vixente sendo imprescindible o artigo 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril. (https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-5392)
O pleno
O pleno intégrase por todos os concelleiros da corporación cuxos nomes son os seguintes:don Aurentino Alonso Araujo, doña Margarida Pizcueta Barreiro, don Aurentino Alonso Araújo, doña Diana Urdangaray Díaz, don Orlando Luis A. Saavedra Cantillana, doña Alicia Alvarez Fernández, don Miguel Neira Ojea, doña Alba Rodríguez Sanmartín, don Jesús Jares Almeida, dona María del Carmen Núñez Cabado, don Manuel Núñez Fernández, don José Luis Tamayo Gallego, doña Maite Estévez Santalla, doña Dosinda Arias Carrera, don Antonio Melo García, don José Jesús Vilasanchez Feijoo, don Manuel Agra Villar e doña Noa Fernández Gómez.
O presidente do pleno é o alcalde. A sede do pleno do Concello é no primeiro andar do edificio núm. 1 da Praza do Concello, na vila do Barco.
As súas atribucións son as que determina a normativa vixente sendo imprescindible o artigo 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril. (https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-5392)
A xunta de goberno local
A xunta de goberno local atópase integrada polos seguintes concelleiros e concelleiras: dona Margarida Pizcueta Barreiro, dona Diana Urdangaray Díaz, don Orlando Luis Arturo Saavedra Cantillana, dona Alicia Álvarez Fernández e don Miguel Neira Ojea, máis o alcalde, que a preside. A sede deste órgano atópase na primeira planta do edificio núm. 2 da Praza do Concello na vila do Barco de Valdeorras.
Os tenentes de alcalde
Os tenentes de alcalde do concello foron nomeados polo alcalde por resolución nº 530, pola orde que de seguido se indica:
1ª Tenente de alcalde: Dona Margarida Pizcueta Barreiro
2ª Tenente de alcalde: Dona Diana Urdangaray Díaz
3º Tenente de alcalde: D. Orlando Luis Arturo Saavedra Cantillana
4ª Tenente de alcalde: Dona Alicia Álvarez Fernández
5º Tenente de alcalde: Don Miguel Neira Ojea
Areas de Servizo ou Goberno e Delegacións os membros da Xunta de Goberno Local
Créanse as seguintes áreas de goberno:
I Área de cultura e educación. Inclúense nesta área os asuntos que sexan competencia da Alcaldía relativos á cultura e educación.
II Área de deporte, xuventude e participación cidadá. Inclúense nesta área os asuntos que sexan competencia da Alcaldía relativos ao deporte, a xuventude e a participación cidadá.
III Área de servizos sociais, igualdade e sanidade. Inclúense nesta área os asuntos que sexan competencia da Alcaldía relativos servizos sociais, igualdade e sanidade.
IV Área de medio ambiente e xardíns. Inclúense nesta área os asuntos que sexan competencia da Alcaldía relativos ao medio ambiente.
V Área obras, medio rural, cemiterio e parques. Inclúense nesta área os asuntos que sexan competencia da Alcaldía relativos a obras, medio rural, cemiterio e parques.
VI Área de facenda e economía
Se realizan a favor dos concelleiros membros da Xunta de Goberno Local as seguintes delegacións xenéricas correspondentes ás áreas que se relacionan:
I Delego a área de cultura e educación a Dona Margarida Pizcueta Barreiro.
II Delego a área de servizos sociais, igualdade e sanidade a Don Orlando Luis Arturo Saavedra Cantillana.
III Delego a área de medio ambiente e xardíns a Dona Diana Urdangaray Díaz.
Estas delegacións xenéricas se suxeitan ao seguinte réxime xurídico:
a) Abarcarán a facultade de dirixir os servizos correspondentes e xestionalos en xeral, pero sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
b) A Alcaldía poderá revocar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas.
c) A Alcaldía poderá revocar en calquera momento a competencia delegada de acordo co que dispón o artigo 10 da Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público.
d) Corresponderá á Alcaldía resolver as posibles dúbidas que se formulen en relación coa aplicación desta resolución.
Conferir as seguintes delegacións especiais ós seguintes concelleiros/as que a seguir se relacionan, para os servizos que igualmente se sinalan:
I Conferir a dona Alicia Álvarez Fernández a delegación dos servizos de abastecemento e depuración de augas, recollida de lixo e limpeza viaria.
II Conferir a dona Alba Rodríguez Sanmartín a delegación dos servizos de promoción económica, turismo, comercio e consumo.
III Conferir a don Miguel Neira Ojea a delegación dos servizos de:
-obras municipais, que comprende o seguimento da execución das obras públicas municipais, tanto as obras realizadas por administración como as obras contratadas.
-parques infantís municipais, que comprende o seguimento do estado e mantemento dos parques infantís do Concello.
-xardíns municipais, que comprende o seguimento dos traballos realizados polas brigadas municipais así como do coidado, mantemento e mellora dos mesmos.
IV Conferir a Don Jesús Jares Almeida a delegación dos servizos de:
-cemiterio municipal, que comprende o seguimento e control do servizo.
-medio rural, que comprende a comunicación cos alcaldes de barrio e veciños dos núcleos rurais de cara a resolución dos problemas específicos así como a proposta de obras e actuacións para a mellora da calidade de vida destes veciños.
Esta delegacións especiais efectuadas no apartado anterior, enténdense conferidas como delegacións da dirección interna dos servizos, pero non inclúen a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
O Concelleiro que ostente a delegación xenérica da área á que pertence o servizo, terá a facultade de supervisar a actuación dos concelleiros con delegacións especiais.
Delegacións na Xunta de Goberno Local
Anuncio de delegacións da Alcaldía na Xunta de Goberno Local no que resta da Corporación 2023-2027
Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións concretas que me atribúe a lexislación vixente
a) O acto administrativo que poña fin aos expedientes de solicitudes de concesión de bonificacións do Imposto sobre as Construcións, Instalacións e Obras cuxa competencia recaia na Alcaldía.
b) O acto administrativo que poña fin ás solicitudes de concesión de toda clase de licenzas de obra.
c) O acto administrativo polo que se aproben os proxectos de obra que pretenda licitar o Concello cando a Alcaldía sexa o órgano de contratación.
d) O acto administrativo polo que se acorde ou rexeite a aprobación inicial dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento urbanístico e a aprobación ou non aprobación dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización competencia da Alcaldía.
e) O acto administrativo polo que se acorde a aprobación dos expedientes de contratación, a autorización do gasto preciso, de ser o caso, e a apertura do procedemento de licitación dos contratos que, sendo competencia da Alcaldía, o seu valor estimado supere 500.000 euros.
f) O acordo polo que poña fin aos expedientes de alleamento de bens e dereitos do patrimonio municipal cuxa competencia lle atribúe á Alcaldía a normativa vixente e o seu valor, excluído o I.V.E., supere os 100.000 euros.
g) O acto administrativo que poña fin aos expedientes de novas concesións administrativas.
h) A aprobación das bases das probas para a selección do persoal funcionario de carreira e laboral fixo e para os concursos de provisión de postos de traballo.
i) O acto administrativo polo que se declaren as situacións administrativas dos empregados públicos deste Concello.
j) En relación coa actividade de fomento municipal delégase a concesión das subvencións nominativas.
k) A aprobación das liquidacións individuais e padróns fiscais cando o seu importe supere os 2.000 euros.
l) Os actos administrativos polos que se acorde a autorización, disposición, recoñecemento da obriga e ordenación do pago das indemnizacións por asistencias aos órganos colexiados da Corporación.