As actuacións do concello deben axustarse ao ordenamento xurídico español vixente. As normas fundamentais que debe aplicar o concello son as pertencentes ao denominado bloque de constitucionalidade: a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía. Normas fundamentais que resultan de aplicación ao Concello son a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e o Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. O concello, no exercicio da potestade regulamentaria, dotouse de diversos regulamentos e ordenanzas entre as que destacan a Ordenanza de transparencia, acceso á información pública, reutilización de datos e bo goberno e o Regulamento orgánico municipal.