Estrutura administrativa da entidade:
O pleno do Concello aprobou en sesión de 9 de decembro de 2009 un organigrama municipal. O organigrama é un obxectivo organizativo que se marcou o pleno que contempla os seguintes departamentos básicos:
00 Gabinete da alcaldía, actualmente conta cunha única traballadora: Dona Guillermina Lozano Álvarez.
01 Departamento de secretaría, baixo a coordinación do secretario municipal, actualmente D. Jesús Tallón García.
02 Departamento de policía local, baixo a dirección do inspector xefe da policía local, actualmente D. Arturo Emilio Rebollar López.
03 Departamento de obras e servizos, baixo a coordinación do arquitecto municipal D. Jorge Rodríguez Fernández.
04 Departamento de urbanismo, baixo a coordinación do arquitecto municipal D. Jorge Rodríguez Fernández.
05 Departamento de Intervención e Tesourería, baixo a coordinación do interventor municipal, actualmente D. José Manuel Muñoz Domínguez, e do Tesoureiro.
06 Departamento de música, baixo a coordinación de D. Manuel Sardón Millá, director do conservatorio.
07 Departamento de cultura e normalización lingüística, baixo a coordinación do animador cultural, D. Gustavo Docampo Paradelo.
08 Departamento de asuntos sociais, baixo a coordinación de Dna. Dolores Fernández González.
09 Departamento de consumo-O.M.I.C.
10 Departamento de escola infantil, baixo a coordinación de Dna. María Begoña González Prada, actual directora da escola infantil.
11 Departamento de deportes e xuventude, baixo a coordinación de Kissy Torres Núñez, técnica socio-educativa.