Certificado de Asignación aos Grupos Políticos municipais
O pleno do concello celebrado o 29 de xuño de 2023 acordou establecer unha dotación económica para os grupos políticos municipais tal e como segue:
O compoñente fixo establécese en 598€ por grupo político e o compoñente variable establécese en 246€ por cada un dos membros da Corporación que integren o grupo político de que se trate.
Así, sendo a asignación para os grupos políticos consignada no Orzamento da corporación, dun importe de 5.976 €, os criterios de reparto serán os seguintes:
Distribución do 30 % deste importe en función do número de grupos políticos electos (1.794€ entre tres grupos políticos). É dicir, este sería o compoñente fixo da asignación igual para tódolos grupos políticos. En aplicación deste concepto cada grupo percibirá a cantidade de 598 €.
Distribución do 70 % deste importe (4.182 €) entre o número de concelleiros (17), de forma que cada un deles corresponderíalles a cantidade de 246€, e dada a distribución dos Concelleiros dos partidos políticos do que resultou das derradeiras eleccións municipais, os importes serían os seguintes:
a) GRUPO MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE = 246 €x9 Concelleiros = 2.214€
b) GRUPO MUNICIPAL DEL PARTIDO POPULAR -GRUPO POPULAR- = 246€x5 Concelleiros = 1.230 €
c) GRUPO DO BNG = 246€x3 Concelleiros = 738 €
En definitiva, os importes a percibir polos tres grupos políticos son os seguintes:
- GRUPO MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE : 2.812 €
- GRUPO MUNICIPAL DEL PARTIDO POPULAR -GRUPO POPULAR-: 1.828€
- GRUPO DO BNG : 1336 €