Sede Electrónica Portal do proveedor

Concello do Barco de Valdeorras esta adherido ao punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado, denominado FACe - Punto Xeral de Entrada de Facturas que comezou a funcionar con carácter obrigatorio o día 15 de xaneiro de 2015.

Todos os provedores que teñan entregado bens e prestado servizos ao Concello poderán remitir e expedir factura electrónica e, en todo caso, quedarán obrigados a facelo de acordo co artigo 4 da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no sector público, os seguintes provedores:

  1. Sociedades anónimas.
  2. Sociedades de responsabilidade limitada.
  3. Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española.
  4. Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes no territorio español nos termos que establece a normativa tributaria.
  5. Unións temporais de empresas.
  6. Agrupación de interese económico, Agrupación de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital risco, Fondo de investimentos, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización do mercado hipotecario, Fondo de titulización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos.

CÓDIGOS DIR 3 PARA FACTURA ELECTRÓNICA

Oficina Contable - L01320090 AYUNTAMIENTO DE O BARCO DE VALDEORRAS

Organo Xestor - L01320090 AYUNTAMIENTO DE O BARCO DE VALDEORRAS

Unidade Tramitadora - L01320090 AYUNTAMIENTO DE O BARCO DE VALDEORRAS

NIFS asociados - P3201000A