Sede ElectrónicaUso e requisitos Requisitos

SOFTWARE RECOMENDADO PARA OPERAR NA SEDE ELECTRÓNICA

Todo o SOFTWARE que precisa o usuario da Sede Electrónica do Concello do Barco de Valdeorras é GRATUITO. Os elementos necesarios dependen da configuración do equipo (Ordenador, Tablet, Smartphone, etc.) que utilice. Recomendámoslle que, en caso de ter problemas de acceso á Sede Electrónica, valore a conveniencia de facer revisar o seu equipo polo seu proveedor de servizos e/ou material informático.

A Sede Electrónica funciona baixo calquera navegador e/ou sistema operativo, aínda que incorpora un compoñente de autenticación e firma baseado en tecnoloxía Java e esta si que aplica unha serie de restricións, só para aquelas funcionalidades da sede que requiran destes procesos de autentificación do usuario ou de firma dixital.

NAVEGADORES RECOMENDADOS

Internet Explorer (Versión 7 ou superior)

Mozilla Firefox (Versión 4 ou superior)

Desaconséllase o uso do navegador Google Chrome xa que a partir da versión 45 non poderá executar compoñentes Java, polo que poderá realizar consultas na sede electrónica do Concello pero non poderá asinar documentos.

SOFTWARE JAVA

Para poder asinar electrónicamente utilizase a plataforma @firma, que se basa en Java para o seu funcionamento. Java é unha linguaxe de programación e unha plataforma informática comercializada por primeira vez en 1995 por Sun Microsystems (Na actualidade está xestionada e mantida por Oracle). Hai moitas aplicacións e sitios web que non funcionarán a menos que teña Java instalado e cada día créanse máis. É necesario instalar (se non o está) o software básico de Java e configuralo correctamente, no caso probable de que xa o teña, deberá de mantelo actualizado. A versión máis recente de Java contén importantes melloras para o rendemento, estabilidade e seguridade das aplicacións Java que se executan no seu equipo. A instalación da actualización é gratuíta e garante que as súas aplicacións Java sigan executándose de forma segura e eficaz.

Se non sabe se o ten instalado, utilice esta ligazón: Comprobar máquina virtual de Java no meu equipo.

No caso de que non o teña, utilice esta ligazón: Descarga máquina virtual de Java para a súa instalación.

AUTOFIRMA (Sustituto do obsoleto @firma)

O uso da aplicación Autofirma mellora os procesos de firma dixital, tanto os feitos polo propio usuario nos seus documentos coma os das solicitudes que poida presentar non só nesta Sede Electrónica, senon en calquera.

Para máis información e descarga de Autofirma, utilice esta ligazón: Descarga Autofirma

VISUALIZACIÓN DE DOCUMENTOS

Por seguridade, a sede electrónica emite os documentos en formato PDF (Portable Document Format). Necesitará ter un visualizador de documentos PDF para podelos ver. O máis utilizado e o lector gratuito de Adobe: Adobe Reader, que pode obter (se non o ten) facendo clic aquí.

Para certos contidos (Carteiras PDF, presentacións flash, etc) pode precisar (en función do sistema operativo do seu ordenador) de outro software gratuito de Adobe: Adobe Flash Player, que pode obter (se non o ten, ou ten un sistema operativo que non o precise) facendo clic aquí