Sede ElectrónicaUso e requisitos Cartas de servizos

¿Qué é unha Carta de Servizo?

Unha Carta de Servizos é un documento polo que un Departamento, Servizoo ou Concellaría do Concello informa aos cidadáns sobre:

  • Os servizos que presta e a forma de prestalos.
  • Os compromisos de calidade que asume para proporcionar un mellor servizo.

Criterios de Actualización: As Cartas de Servizos serán evaluadas e revisadas anualmente, mediante grupos de traballo que terán en conta as opinións presentadas polos cidadáns.

¿A quén vai dirixida?

O Concellou é unha institución que presta servizo aos cidadáns, polo que a súa xestión orientase á satisfacción das súas necesidades e expectativas. Por este motivo, as Cartas de Servizos dirixense aos usuarios dos servizos.

¿Cáles son os obxevtivos das Cartas de Servizo?

A finalidade das Cartas de Servizos é:

  • Acercar o Concello aos cidadáns.
  • Informar aos cidadáns sobre os servizos prestados polo Concello.
  • Expresar o esforzo do Concello pola mellora dos servizos municipais.
  • Establecer un nivel adecuado de calidade dos servizos e controlar o seu mantemento.
  • Posibilitar que os cidadáns opinen sobre o funcionamento dos servizos municipais.

¿Cáles son os contidos das Cartas de Servizos?

  • O nome e cometidos da Unidade, Servizo ou Concellaría que a emite.
  • Os servizos prestados por esa Unidade, Servizo ou Concellaría.
  • Os compromisos de calidade asumidos.
  • Información sobre a forma de participación dos usuarios.
  • Direccións e teléfonos da unidadr.
  • Horario.