De acordo co establecido pola normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que está a facilitar os seus datos de carácter persoal ao Responsable de Tratamento: CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS (en adiante A ENTIDADE), con dirección PRAZA DO CONCELLO Nº 2, 32300 - O BARCO DE VALDEORRAS (OURENSE).
Os datos recompilados serán unicamente os solicitados para cada trámite realizado por vostede a través da presente Sede Electrónica.
A ENTIDADE poderá tratar os seus datos de carácter persoal de acordo coas seguintes finalidades:
Xestionar a súa navegación a través do Sitio web.
Xestionar o servizo de Atención ao cidadán, para dar resposta ás dúbidas, queixas, comentarios ou inquietudes que poida ter relativas á información incluída no Sitio web, así como calquera outras consultas que poida ter.
Xestionar o cumprimento, mantemento, desenvolvemento e control de calquera relacións que a ENTIDADE manteña con vostede.
Xestionar a tramitación de solicitudes e envío de instancias a través da presente Sede electrónica, para a cal use vostede o seu medio de identificación dixital.
O feito de non facilitar certa información sinalada como obrigatoria, pode levar que non sexa posible xestionar a súa petición nos diferentes procedementos referidos na presente Sede electrónica.
No caso de que nos achegue Datos Persoais de terceiros, vostede responsabilízase de informar e obter o consentimento destes para ser achegados coas finalidades indicadas nos apartados correspondentes da presente Política de Privacidade.
A lexitimación baséase no consentimento que vostede nos outorga ao chicar o botón “ACEPTO A POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS” e/ou na súa propia vontade ao utilizar o seu medio dixital de certificación para acceder a realizar os trámites da presente Sede electrónica, a cal os pon a disposición do cidadán.
Destinatarios de cesións
Non cederemos os seus datos a terceiros, salvo por obrigación legal.
Dereitos
Por último, informámoslle dos seus dereitos en materia de protección de datos.
Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.
Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión (dereito ao esquecemento).
Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, e a opoñerse ao tratamento
Dereito á portabilidade dos datos
Para exercer os seus dereitos non ten máis que realizar unha solicitude por escrito e acompañala dunha copia do seu DNI.
Medidas de seguridade
CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, a perda e o tratamento e/ou o acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos provenientes da acción humana ou do medio físico e natural a que están expostas.