Neste video mostranse as vantaxes dla administración electrónica para a poboación
Pode realizar trámites administrativos a través de Internet, de forma sinxela e segura, evitando desprazamentos innecesarios, para eso só necesita acceder á Sede electrónica e identificarse correctamente por medio dun certificado dixital expedido por calquer entidad de certificación (CA), incluindo os certificados contenidos no DNI electrónico (DNIe).
O primeiro paso para facer trámites en Internet, de maneira segura, consiste en identificarse da forma adecuada a través do certificado dixital ou o DNI electrónico. Outra medida de precaución básica consiste en navegar utilizando programas que protexan o seu equipo frente a virus e outros perigos. Consulte co seu proveedor de servizos informáticos as medidas de protección para navegar de forma segura por Internet.Para garantir que os datos sensibles que se intercambian en Internet non sexan accesibles por terceiros, o Concello utiliza o protocolo SSL. Tratase dun protocolo de encriptación que cifra a información, protexéndoa e impedindo que poida ser interceptada. A conxunción do certificado dixital e o protocolo SSL garante a confidencialidade, integridade e autenticidade dos datos que se envían por Internet.
A configuración por defecto da maioría dos navegadores acepta conexións basadas en protocolos SSL. As conexións deste tipo son aquelas cuxa dirección comeza có código https:// en lugar do http:// convencional. A presencia de SSL é unha garantía de seguridade cando se intercambian datos sensibles (información persoal, números de cartóns de crédito, etc.). Se o seu navegador non pode acceder a este tipo de direccións, é necesario configuralo de forma manual. Recomendamos que consulte co seu proveedor de servizos informáticos este aspecto.
Manual Práctico de Supervivencia na Administración Electrónica, de Alberto López Tallón (Licencia Creative Commons)